IGREXA DE SANTA MARÍA A REAL DE PORQUEIRA

Relixioso
106

Localización

Parroquia: Porqueira (Santa María)

Lugar: Forxa

32642  Porqueira - Ourense

Coordenadas:
42º 00' 59.9" N - 7º 50' 47.9" W

Descrición

Templo barroco (s. XVIII) de Padroado Real, de boa cantería. Exteriormente presenta fachada con espadaña de dous ocos de campá e grandes molduras. No interior ten un ampla nave con espazoso cruceiro e gran presbiterio, todo iso cuberto con bóveda de canón.
Destacan o retablo maior e os colaterais, obras do rococó, datados en 1798. A parede da cabeceira, que non encheu o retablo cubriuse a finais do século XVIII con pinturas murais neoclásicas: representan grandes columnas de fuste liso para dar a sensación de arquitectura que sostiña un cornixamento sobre o que se continuaría o retablo con cinco fornelas coa representación de San Martiño Obispo e, aos lados os catro doutores da Igrexa.
De importancia son a maior parte dos talles, barrocos, destacando a Asunción, Virxe do Rosario, Santo Antonio, Santo Agostiño, San Brais, San Roque, etc.

Acceso

Capital municipal.
Accesibilidade: A pé, en coche.
Arriba