ERMIDA DE SAN BARTOLOMEU

Relixioso
1535

Localización

Parroquia: Queixeiro (San Xurxo)

Lugar: A Torre de San Bartolomeu

15617  Monfero - A Coruña

Coordenadas:
43º 23' 48.9" N - 8º 02' 04.9" W

Descrición

Pequena ermida sen estilo definido, de tipoloxía rural moi frecuente na bisbarra. Planta rectangular con única nave. No interior, sinxeleza e sobriedade. No exterior, muros de cachotería miúda e reforzo de pezas graníticas nos esquinais. Cuberta de lousa a dúas augas. Volumetría simple. Sobria e austera fachada principal, con espadaña lateral dunha soa campá.

Acceso

Dende a capital municipal tomar a estrada sinalizada ao Mosteiro de Monfero. A 2,5 Km. seguir a estrada a Visura e continuar toda a carretera pasando por Pazos (NON coller o desvio a Vilarxestoso), Gotes e San Andrés, Guilfonso e pasado Regueiro atópase a indicación para a Ermida.
Arriba