IGREXA DE SANTA XIÁ

Relixioso
890

Localización

Parroquia: Santa Xiá de Monfero (Santa Xiá)

Lugar: Xunto á Igrexa

15315  Monfero - A Coruña

Coordenadas:
43º 18' 31.9" N - 8º 00' 32.0" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural abundante na bisbarra. Planta rectangular cunha soa nave, pequena sancristía rectangular anexionada ao muro setentrional e presbiterio. No interior, espazo entre a nave e o presbiterio delimitado por arco triunfal de medio punto. Coro alto con formigón forxado e balaústres de madeira. No exterior, muros de cachotería revestida e caleada a excepción dos esquinales e recercado dos ocos. Cuberta de tella curva a dúas augas. Sinxela volumetría. Fachada principal, de sistema pentagonal, con porta rectangular e un pequeno oco para a iluminación. Sobre a cornixa, pequena base rectangular con espadaña de dous corpos rematada por pináculos con bólas.

Acceso

Dende a capital municipal, tomar a estrada AC-151 sinalizada Irixoa, a 4 km no núcleo de Xestal, tomar á esquerda onde indica Val Xestoso, Alto Xestoso e As Pontes. Esa estrada, a DP-3902, enlaza coa DP- 0905. Alí coller á esquerda e seguir un Km. aproximadamente e, despois dunhas casas nunha curva á dereita, colle o desvío á esquerda que hai alí mesmo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!