IGREXA DE SANTIAGO ABADE

Relixioso
84

Localización

Parroquia: Abade (Santiago)

Lugar: Leboreiro s/n

15563  Moeche - A Coruña

Coordenadas:
43º 34' 43.9" N - 7º 59' 49.9" W

Descrición

Igrexa de tipoloxía rural, de estilo barroco. Planta rectangular, con nave única dividida en catro tramos, sancristía e presbiterio. No interior, un arco triunfal dá acceso ao presbiterio. Sobriedade e sinxeleza na decoración. No exterior, combina muros revestidos e caleados con pezas á vista nos esquinais. Volumetría sinxela. Cuberta mixta de lousa e tella curva a tres augas. Fachada principal dun só corpo con porta rectangular alintelada e oco minúsculo para a iluminación. Pequena espadaña de dous ocos rematada en pináculo sobre cornixa curva.

Acceso

Dende a capital municipal, ir á estrada xeral (AC-862) e seguila en dirección Ortigueira ao longo de 2,7 km. Virar á esquerda en cruce sen sinalización, pero dende o que se pode ver a igrexa a uns 300 metros.
Arriba
Axúdanos a mellorar!