CAPELA DA VIRXE DOS REMEDIOS

Relixioso
1037

Localización

Parroquia: Leirado (San Pedro)

Lugar: Cabanelas

32814  Quintela de Leirado - Ourense

Coordenadas:
42º 07' 43.2" N - 8º 05' 28.8" W

Descrición

Pequeno edificio construído a principios do S.XVII que destaca polo seu aspecto rústico. Foi a primitiva igrexa parroquial de Leirado, anterior á de San Pedro.
Consta dunha nave con cuberta de madeira no seu interior sostida por columnas unidas por arcos de medio punto e unha cabeceira en semicírculo. Conserva o seu aspecto primitivo a pesar das reformas e arranxos. No seu interior ademais, atopamos un espléndido retablo renacentista de tipo mariano, realizado en madeira, onde podemos apreciar a minuciosidade e resaltar a limpeza de liñas e a súa composición equilibrada.
Exteriormente, destacar a fachada principal presidida por un sinxelo campanario que alberga unha composición de trazos clásicos e moi repetidos noutras edificacións da zona: a presenza dun frontón cortado que alberga a imaxe da Virxe nunha fornela. Todo iso descansa sobre semicolumnas inscritas no muro en relevo.
Arriba