IGREXA DE SANTA MARÍA DE MIÑO

Relixioso
175
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Miño (Santa María)

Lugar: Miño

Rúa A Carreira 53

15630  Miño - A Coruña

Coordenadas:
43º 20' 50.6" N - 8º 12' 18.8" W

Descrición

Igrexa de estilo neogótico, construída no século XX, situada no municipio de Miño ("Municipio de Interese Turístico"). Presenta un planta rectangular onde se desenvolven tres naves. O interior está revestido de branco agás as esquinas e os arcos que presentan pedra á vista. A nave central cóbrese con bóveda de canón, sustentada por arcos apoiados sobre piares de planta cadrada, que delimitan o espazo correspondente as naves laterais. O exterior concentra a decoración na fachada principal, que mostra características propias do estilo ecléctico. Sobresae a torre campanario. Dispón de cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba