IGREXA DE SAN PEDRO DE PERBES

Relixioso
612
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Perbes (San Pedro)

Lugar: Perbes

Rúa Currás 63

15619  Miño - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 30.3" N - 8º 12' 36.1" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco de tipoloxía rural, situada no municipio de Miño ("Municipio de Interese Turístico"). Presenta un planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave. O interior é moi sobrio dende o punto de vista ornamental, destacando o retablo do altar maior de características neoclásicas. Aos pés da nave sitúase un coro alto. O exterior concentra a decoración na fachada principal; no seu eixe vertical central superpóñense a porta de entrada, un pequeno van abucinado e, rompendo a cornixa, a base da espadaña de dous corpos, o primeiro composto por tres machóns que dan lugar aos ocos das campás, mentres que o segundo está formado por un corpo central flanqueado por pináculos.

Acceso

Dende Miño, tomar a Lc-154 ata Perbes, onde se atopa a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!