CAPELA DE SAN MARCOS

Relixioso
1122
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sillobre (Santa Mariña)

Lugar: O Barreiro

15509  Fene - A Coruña

Coordenadas:
43º 27' 35.9" N - 8º 07' 23.5" W

Descrición

Reedificada en 1926. No Catastro de Ensenada (1752) indícase que o límite entre as parroquias de Sillobre, Magalofes e os coutos do Belelle e de Regüela está no marco situado no coro da capela de San Marco. Na capela gárdase a imaxe de san Xiao, patrón da desaparecida capela do Belelle.

Acceso

Dende Fene, pola N-VI dirección Coruña. No primeiro cruzamento seguir o desvío da esquerda que leva a Sillobre e Lavandeira. Continuar por esa estrada ata o límite dos concellos de Fene e Cabanas, onde a man esquerda está a capela.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba