IGREXA DIVINO SALVADOR DE MANIÑOS

Relixioso
1346
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Maniños (San Salvador)

Lugar: O Cruceiro

Camiño do Piñal

15520  Fene - A Coruña

Coordenadas:
43º 27' 25.9" N - 8º 11' 39.4" W

Descrición

A planta da igrexa de San Salvador é dunha soa nave con capelas laterais, cruceiro, capela maior con sacristía apegada e unha capela lateral á esquerda, que racha a harmonía do edificio. O estilo é barroco popular, posiblemente do século XVII. O crego e licenciado Pedro Tenreiro funda a capela de San Pedro en 1669. A do Santo Cristo fúndase en 1760. O retablo do altar maior foi realizado polo escultor Manuel Fernández de Ferrol, en 1857.

Acceso

Dende Fene, pola LC-133 en dirección Mugardos. Pasar por Perlío, Barallobre ata chegar a Maniños, nese cruzamento tomar o desvío da esquerda cara a Limodre. Seguir o primeiro camiño á esquerda, (pasar a igrexa nova de Maniños) 250 m e tomar o primeiro camiño á esquerda; a 200 metros está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba