Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SANTIAGO DE BARALLOBRE&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SANTIAGO DE BARALLOBRE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/25199/igrexa-de-santiago-de-barallobre?langId=gl_ES
Parroquia: Barallobre (Santiago)
Lugar: O Pazo
Rúa Santiago
15528 Fene - A Coruña
Igrexa do século XVII, de estilo barroco. Sufriu diversas reformas durante os séculos XIX e XX. Planta rectangular. Con tres naves de diferentes volumes. Fachada principal con dous ocos que permiten a entrada de luz natural ao interior. Fornela de enriba da porta de acceso que contén a imaxe de Santiago Peregrino sentado. A fachada é interrompida na parte alta por unha espadana. Os muros son revogados e pintados, agás a fachada. No seu interior atópanse tres retablos e un coro alto aos pés da nave principal.
Reconstruída en 1818 cando ameazaba ruína. Daquela fixéronse as paredes colaterais, armouse de novo e construíuse o faiado e tamén o púlpito; lastrouse de cantería e ergueuse a espadana coa cruz. A fachada está concibida para chamar a atención dos fieis. A súa situación xeográfica nun alto contribúe a incrementar o efecto sorpresa tan utilizado no barroco.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.