IGREXA DE SAN XOÁN DE DORRÓN

Relixioso
835
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Dorrón (San Xoán)

Lugar: Casal

36966  Sanxenxo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 24' 38.9" N - 8º 45' 47.0" W

Descrición

Igrexa construída en 1764 sobre unha construción románica. A edificación é de planta rectangular dividida en dous tramos: o primeiro, consta de dous arcos que forman bóveda de canón con contrafortes no exterior; e o segundo, rectangular en menor anchura, ten o engadido da sancristía. No frontal destaca unha espadaña de dúas campás. Do seu interior é necesario destacar a capela da Virxe do Carmen, con retablo barroco moi bo, construído en 1775.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba