IGREXA PARROQUIAL DE SAN XULIÁN DE BEBA

Relixioso
1120
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Beba (San Xián)

Lugar: Beba

15258  Mazaricos - A Coruña

Coordenadas:
42º 54' 36.0" N - 9º 00' 10.0" W

Descrición

Construída no s. XII, pero sofre importantes reformas posteriores. Ten planta en forma de cruz latina, muros de cadeirado granítico, cuberto a dúas augas con tellado de tella. A fachada, de cantería, ten unha porta alintelada, enmarcada por unha ventá cadrada, e está rematada por dous pináculos piramidais de granito. Sancristía pegada a un dos laterais da nave. Espadana con dous vans arqueados coroada por un frontón. Hai na cabeceira da igrexa unha ventá abucinada cun arco de medio punto dobrado sobre capiteis decorados con motivos vexetais.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba