IGREXA DE SANTIAGO DE NIGUEIROÁ

Relixioso
982

Localización

Parroquia: Nigueiroá (Santiago)

Lugar: O Viñal

32846  Bande - Ourense

Coordenadas:
41º 59' 50.0" N - 7º 57' 16.9" W

Descrición

A igrexa presenta planta rectangular con presbiterio resaltado en altura. A portada é de medio punto sobre pilastras calleadas, decorado con doelas acasetonadas contendo un querubín na clave e rosetas no resto. A cornixa se incurva nos extremos, asentando sobe ela pináculos. A espadaña imponse, marcando a través dos seus dous corpos e de remate un ímpeto ascensional de perfil graduado.
No seu interior, o retablo maior consta de dous corpos con rúas separadas por columnas salomónicas.

Acceso

A 4,9 km do centro de Bande seguindo a estrada OU-540. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-540 (dirección Lobios) ou tamén chamada rúa Pombal. A 1,8km xirar á esquerda cara a OU-1201. Seguir durante 2,7km. Xirar lixeiramente á esquerda. Continuar recto ata o recurso.
Arriba
Axúdanos a mellorar!