PLAYA PAXARIÑAS

Hoteis - 2 estrelas
1008
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Adina (Santa María)

Lugar: Paxariñas s/n

36960  Sanxenxo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 23' 33.2" N - 8º 50' 39.5" W

Descrición

Situado no corazón das Rías Baixas, nun enclave privilexiado sobre o mar, entre a praia de Paxariñas (100 metros) e a praia de Montalvo (300 metros).
Os centros de Portonovo e Sanxenxo están a 1,5 km e 3 km respectivamente, tendo tamén O Grove e a Illa da Toxa a 12 km, Pontevedra a 25 km, Santiago de Compostela a 65 km, ...
Ideal para un turismo familiar, tranquilo e con acceso perfecto a dúas das mellores praias de Sanxenxo, ademáis de estar perfectamente situado para visitar a costa de Galicia.

Habitacións BASIC (todas con cama de matrimonio e capacidade máxima para 2 persoas) con baño completo, TV LCD, teléfono e calefacción. Este tipo de habitación, por algunha razón (vistas, tamaño, ...) considerámola un pouco inferior ás estándar, aínda que son habitacións perfectamente equipadas.
Habitacións Estándar (capacidade máxima 3 persoas) con baño completo, TV LCD, teléfono e calefacción. Este tipo de habitación non ten vistas ao mar.
Habitacións con vistas ao mar (capacidade máxima 3 persoas), con baño completo, TV LCD, teléfono e calefacción. Este tipo de habitación ten unha espléndida vista frontal ao mar.
Habitacións con terraza con vistas ao mar (todas elas con cama de matrimonio e capacidade máxima para 2 persoas), con baño completo, TV LCD, teléfono e calefacción. Este tipo de habitación ten unha terraza con mesa e cadeiras, así como unha espléndida vista frontal ao mar.
Habitacións familiares (capacidade máxima para 4 persoas) con baño completo, TV LCD, teléfono e calefacción. Este tipo de habitacións son ideais para as familias, xa que son habitacións moi amplas e non teñen vistas ao mar.

Completa as súas instalacións con cafetería, bar con terraza, sala de almorzos, piscina para adultos e nenos con xardín con sombrillas e hamacas, parking gratuíto limitado (segundo dispoñibilidade), parking de pago exclusivo (5 euros / día) e wifi gratuíto.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Tipos de servizos

Aparcadoiro de superficie
Ascensor
Bar cafetaría
Calefacción central
Calefacción individual
Cuartos familiares
Fálase alemán
Fálase francés
Fálase inglés
Fálase italiano
Internet / wifi en zonas comúns
Internet nos cuartos / wifi
Piscina
Piscina infantil
Teléfono nos cuartos
Televisión nos cuartos
Xardín terraza

Réximes

Almorzo
Almorzo buffet

Tarxetas

4B
Master Card
Red 6000
ServiRed
Visa
Data construción: 1976
Data remodelación: 2007
Arriba
Axúdanos a mellorar!