IGREXA PARROQUIAL DE SAN ROMÁN DE AS ENCROBAS

Relixioso
1103

Localización

Parroquia: As Encrobas (San Román)

Lugar: A Enfesta

15187  Cerceda - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 36.9" N - 8º 24' 15.0" W

Descrición

Construída a finais de o s. XII, pero sofre reformas posteriores. Ten unha nave de planta lonxitudinal. A fachada, de forma pentagonal, ten unha porta cun arco de medio punto, enmarcado por unha arquivolta, sostido por dúas columnas cilíndricas con capiteis decorados con motivos vexetais e unha cruz de lazos. O tímpano está ornamentado por un entrelazado circular. Enriba hai un rosetón pétreo. No muro norte ábrese unha porta enmarcada por un arco semicircular sostido por xambas de aresta, adornada con rosetas e unha cruz, e cun tímpano labrado.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada en dirección Mesón do Vento, continúa 1,7 km hacia CP-2405 e pasa unha rotonda, xira a dereita hacia AC-523 (3,8 km.). Sigue hasta DP-2104 (3,9 Km.), xira a esquerda, a 220 m. xira a esquerda, a 700m. xira lixeiramente a dereita, a 750 m. xira a esquerda e a 2.2 km. Na rotonda, continúa recto por DP-2104 700 m. Segue sen desviarte 130 m. e na rotonda toma a primeira saída, a 81 m. xira a esquerda, a 47 m. a túa dereita está a igrexa.
Arriba