Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DO BISPO SANTO&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DO BISPO SANTO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/25755/capela-do-bispo-santo?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Templo situado no alto de A Grela, lugar que a tradición sinala como o sitio das pregarias do Bispo Santo (Bispo Gonzalo) contra a invasión normanda. Adóitase situar a San Gonzalo como rexedor da sede mindoniense dende 1071 a 1112. Non é precisa a data de construción da obra inicial, aínda que no ano 1611 o Bispo de Mondoñedo deu conta desta capela ao Rei Felipe III. O paso do tempo obrigou a facer múltiples reformas sobre o templo, fabricado con cachotería e cadeirado granítico nos reforzos de vans, esquinais e espadana, con cuberta de lousa a dúas augas. De planta rectangular, consta dunha sinxela nave rectangular, arco semicircular na porta de entrada frontal e espadana dun só van. Porta lateral esquerda alintelada. Interior: retablo barroco popular con varios talles. Área recreativa no seu ámbito.
Lugar de celebración da Festa do Bispo Santo no mes de maio (romaría popular con acampadas e merendas) e tamén da Festa Normanda a finais do verán (representación teatral da lenda de san Gonzalo).
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.