IGREXA PARROQUIAL DE SANTA UXÍA DE MOUGÁS

Relixioso
1167
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Mougás (Santa Uxía)

Lugar: A Igrexa

Camiño da Igrexa 9

36309  Oia - Pontevedra

Coordenadas:
42º 02' 57.0" N - 8º 52' 27.9" W

Descrición

A primitiva igrexa de Santa Uxía de Mougás debeu ser de estilo románico, como o testemuñan a cruz antefixa no seu cume e restos de labras decoradas, quizais aproveitadas, cando se levantou a actual edificación, posiblemente en 1698, data que aparece gravada nunha das columnas da igrexa. O templo, de planta rectangular, consta de tres naves con arcos de medio punto apoiados en sinxelas pilastras e ábsida cuadrangular. A nivel interior destacan os interesantes Retablos barrocos do século XVIII de indubidable valor artístico.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba