Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: MARÍA BARGIELA&body=Recoméndoche que leas a información MARÍA BARGIELA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/258439725/maria-bargiela?ctre=134%26langId=gl_ES%26tp=71
Parroquia: Porto (San Paulo)
Lugar: Porto de Abaixo 10
36458 Salvaterra de Miño - Pontevedra
A casa rural "María Bargiela" sitúase na parroquia de Porto, concello de Salvaterra de Miño un lugar dominante e tranquilo preto do río Miño. A 15 minutos de Tui e Valença de Miño e a media hora de Vigo.
É unha casa tradicional galega de cachotaría que data do século XVIII. A planta baixa está adicada a adega, onde se conservan dous antigos lagares de pedra e onde elaboran o seu propio viño.
A casa alúgase completa con capacidade para grupos de 6 a 10 persoas e componse de:
- Tres habitacións dobres con baño
- Unha habitación cuádrupla con baño e sala de estar.
- Un salón comedor con cheminea, un aseo con lavadora.
- Unha ampla cociña completamente equipada (cafetera, microondas, forno, frigorífico, lavalouzas, etc.).
Anexa á casa atópanse un antigo forno de pan, un vertedoiro de pedra e unha lareira usada como barbacoa. Tamén podemos ver unha fermosa fonte (por debaixo do nivel do terreo, á que se accede descendendo unha empinada escaleira), un canastro de pedra e un antigo lavadoiro reformado coma unha piscina natural enchida coa auga da fonte.
Tipo de cuarto | Número de cuartos | Número de prazas |
---|---|---|
Cuartos uso dobre | 4 | 8 |
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.