MARÍA BARGIELA

Turismo rural - Grupo-B (Casa de Aldea)
581
Periodos de funcionamento: 01/01 - 31/12

Localización

Parroquia: Porto (San Paulo)

Lugar: Porto de Abaixo 10

36458  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 03' 58.4" N - 8º 31' 49.4" W

Descrición

A casa rural "María Bargiela" sitúase na parroquia de Porto, concello de Salvaterra de Miño un lugar dominante e tranquilo preto do río Miño. A 15 minutos de Tui e Valença de Miño e a media hora de Vigo.

É unha casa tradicional galega de cachotaría que data do século XVIII. A planta baixa está adicada a adega, onde se conservan dous antigos lagares de pedra e onde elaboran o seu propio  viño.

A casa alúgase completa con capacidade para grupos de 6 a 10 persoas e componse de:
- Tres habitacións dobres con baño
- Unha habitación cuádrupla con baño e sala de estar.
- Un salón comedor con cheminea, un aseo con lavadora.
- Unha ampla cociña completamente equipada (cafetera, microondas, forno, frigorífico, lavalouzas, etc.).

Anexa á casa atópanse un antigo forno de pan, un vertedoiro de pedra e unha lareira usada como barbacoa. Tamén podemos ver unha fermosa fonte (por debaixo do nivel do terreo, á que se accede descendendo unha empinada escaleira), un canastro de pedra e un antigo lavadoiro reformado coma unha piscina natural enchida coa auga da fonte.

Tipos de servizos

Agricultura ecolóxica
Aparcadoiro
Berces
Bicicletas (consultar)
Camas supletorias
Comedor
Dereito a cociña
Fálase francés
Fálase inglés
Grella
Internet - Wi-Fi
Lavadora dispoñible- Lavandaría
Salón
Salón de reunións
Televisión común
Xardín / Horta

Aluguer

A casa pódese alugar completa

Cuartos

Tipo de cuarto Número de cuartos Número de prazas
Cuartos uso dobre48
Arriba
Axúdanos a mellorar!