CASA-TORRE DE CUMBRAOS

Civil
1247
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cumbraos (San Martiño)

Lugar: Cumbraos de Abaixo

27215  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 48' 48.5" N - 7º 50' 07.3" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Sen perxuizo do cumprimento de apertura e visita atendendo a súa declaración legal, actual ou futura.

Nun declive do terreo, dominando ao núcleo rural. Edificación illada ao lado da igrexa parroquial. Torre de planta rectangular, cuberta de catro augas, construída con pedra granítica en fileiras regulares. Acceso mediante escalinata de cantería de dous tramos. Balaústre macizo. Porta en arco de medio punto con doelas. O corpo da casa fai escuadra coa torre, con solaina na fachada lateral esquerda.

Acceso

Partindo do Concello de Monterroso seguir a Avenida de Lugo dirección Lugo, continuar cara a esquerda pola Avenida do Marco ata saír do núcleo. Continuar pola LU-P-3301 2 km, ata chegar a Cumbraos. Tomar desvío cara Casas do Monte e a poucos metros, ao lado da igrexa atópase o destino.

Camiños de Santiago

Camiño Francés

Declaración

Ben de Interese Cultural
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba