PR-G 17 ARREDOR DE CAMBRE

Sendeirismo
1495
No Camiño de Santiago

Localización

Cambre - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 31.0" N - 8º 20' 34.9" W

Descrición

A rota Arredor de Cambre permite achegarse a coñecer estas terras que, tan próximas á cidade da Coruña, aínda gozan de tranquilos e privilexiados lugares naturais e pechadas fragas.

Comeza a senda na propia vila de Cambre, a carón do Museo do Xacemento Romano e moi preto do monumento nacional do antigo mosteiro de Santa María de Cambre, unha magnífica xoia do románico galego. Durante a rota pasaremos xunto aos castros de Cambre e de Armental, por profundas congostras e pola misteriosa Pena de Nosa Señora, chea de gravados e inscricións de escuro significado.

Tras o fermoso paseo, e achegándose ao centro de Cambre, pódese gozar das vistas da vila e moi especialmente das antigas e curiosas casas coloniais.

Acceso

En Cambre. Achegarse a vila pola AP-9 tomando a saída 12 ou dende A Coruña pola CP-1706.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Lonxitude

9,3 km.

Punto de partida/chegada

Museo do Xacemento Romano de Cambre. - UTM: 29T X:553290 Y: 4793660

Percorrido

Cambre, Socampo, Cela, Castro de Armental, Estorrentada, A Pena de Nosa Señora, Cambre.

Dificultade

Baixa

Duración

3 horas.

Servizos

En Cambre

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto

Acceso a cabalo

Apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 45-II Betanzos.

Máis información

Concello de Cambre

Tel.: 981 613 170 / 128
 omix@cambre.org
www.cambre.es

Federación Galega de Montañismo

Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!