PR-G 98 CANÓN DO SIL - SANTA CRISTINA

Sendeirismo
1482

Localización

Parada de Sil - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 57.2" N - 7º 34' 06.6" W

Descrición

Esta interesante rota descorre por camiños de carro e sendas, no concello ourensán de Parada de Sil, entre coidadas viñas, centenarios soutos e antigas carballeiras visitando o magnífico Canón do Sil e os seus preciosos miradoiros.

Os fornos, sequeiros e muíños mostran a humanización dunha natureza aínda salvaxe e que agacha coma un pequeno tesouro unha das marabillas históricas deste canón: o singular Mosteiro románico de Santa Cristina de Ribas de Sil.

A situación central da variante PR-G 98.1, entre Parada de Sil e Fondo de Vila, permite que a rota poida ser realizada reducindo o percorrido na metade do seu trazado. Así, un breve camiño entre a Praza do Barquilleiro, na capital municipal, e a aldea de Fondodevila, permite acurtar o noso agradable paseo.

Sobre todo, mentres observamos estas terras sobre o río Sil, non hai que deixar pasar a oportunidade que gozar da gastronomía e dos bos viños de esta tranquila comarca.

Acceso

Dende Ourense pola OU-536 ata Vilariño Frío. Logo coller a OU-0604 ata Parada de Sil.

Lonxitude

(18 km na rota circular e 700 metros nunha variante).

Punto de partida/chegada

Praza do Barquilleiro - UTM 29:T X:617960 Y:4693460

Percorrido

Parada de Sil, Sardela, Entrambosríos, San Vitoiro, Fondo de Vila, O Fental, As Fontiñas, Portela, A Galiña, camiño ao Mosteiro de Santa Cristina (sinalizado fora da rota), Castro, Chamoso, Parada de Sil.

Dificultade

Media

Duración

6 horas e 30 minutos.

Servizos

En Parada de Sil.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Máis información

Concello de Parada de Sil
Tel.: 988 208 010
concello@paradadesil.es
www.paradadesil.es

Clube de Montaña Ribeira Sacra
www.ribeirasacracm.org

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 268 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 672 m.
Desnivel acumulado baixando: 849 m.
Desnivel acumulado subindo: 852 m.

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Tipificación

Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba