PR-G 99 RUTA DA AUGA DE GUITIRIZ

Sendeirismo
1328
No Camiño de Santiago

Localización

Guitiriz - Lugo

Coordenadas:
43º 11' 25.2" N - 7º 55' 19.8" W
43º 10' 18.1" N - 7º 47' 35.0" W

Descrición

A Ruta da Auga de Guitiriz é un percorrido sen desniveis que, á beira dos ríos Parga e Ladroil, percorre o verde camiño que se estende dende a ponte de Santo Alberto ata a Carballeira de Pardiñas.

Os lugares, historia e construcións, farán del un camiño moi recomendable: as pontes de Santo Alberto no Camiño Xacobeo do Norte, a ponte de Pitero, as de Parga, Ferreira, Montemeá ou Moeiro; multitude de muíños, coma os restaurados de Parga e Ferreira; as áreas de lecer coma a de Sete Muíños; a antiga mansión romana de Caranicum; o Castelo e a Feira de Parga; as igrexas, capelas e a curiosa mesquita de Guitiriz;...

Pero por riba de todo, este sendeiro une as tres fontes de augas curativas máis importantes: Valdobín, e a súa apracible área recreativa; San Xoán de Lagostelle, no impoñente Balneario de Guitiriz; e a tranquila Fonte de Santo Domingo xunto á Carballeira de Pardiñas.

Acceso

Dende A Coruña ou Lugo pola A-6 con saída en Guitiriz, continuando pola N-VI ata os puntos de inicio.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Un plus

O Balneario de Guitiriz

O Balneario de Guitiriz, inaugurado a principios do século XX, foi un motor importante da economía da vila.

Durante a Guerra Civil funcionou como hospital de tropas “moras”, polo que foi construída unha mesquita próxima ao hotel. Despois do esplendor dos 50, coa moda de tomar o sol na praia, os balnearios inician unha decadencia.

O balneario viviu un novo esplendor a comezos deste século. Neste momento atópase pechado e á espera dunha nova reforma.

Lonxitude

19,6 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Pardiñas - UTM: 29T X:587700 Y:4782725
Punto de partida: Ponte de Santo Alberto - UTM: 29T X:598225 Y:4780850

Percorrido

Ponte e Capela de Santo Alberto, Fonte da Fala, ponte Pitero, Fonte de Valdobín, A Pobra de Parga, a ponte de Ferreira, a ponte de Montemeá, a ponte de Moeiro, Balneario de Guitiriz, a ponte da Forxá, área recreativa e piscina dos Sete Muíños, O Pazo, Pardiñas.

Dificultade

Fácil

Duración

6 horas.

Servizos

En Guitiriz, A Pobra de Parga e Pardiñas.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 46-IV Guitiriz, 47-III Baamonde, 71-II Dombrete e 72-I Parga.

Máis información

Concello de Guitiriz
Tel.: 982 370 109
info@concellodeguitiriz.com
www.concellodeguitiriz.com

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 410 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 491 m.
Desnivel acumulado baixando: 103 m.
Desnivel acumulado subindo: 139 m.

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Tipificación

Interese naturalista

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!