CAPELA DA NOSA SEÑORA DE PASTORIZA

Relixioso
1572
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa dos Basquiños, s/n

15704  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 15.9" N - 8º 32' 15.9" W

Descrición

Esta capela foi erixida nos anos 1761-62, sendo o autor da súa fachada Juan López Freire; e foi remodelada no segundo cuarto do s. XIX. A súa planta, dunha única nave, é de cruz latina cos brazos do cruceiro moi curtos, aos que se accede por arcos de medio punto. Á ábsida, semicircular, tamén se accede baixo un arco de medio punto. A fachada, de historicismo clasicista, levántase sobre podio de escaleiras. A portada alintelada está flanqueada por monumentais pilastras pegadas. Sobre a portada ábrese un van rectangular, que vai seguido dun friso con tríglifos e métopas. Sobre todo iso, un grande frontón clásico triangular sobre o que se asenta a espadana. Nos extremos remátase con pináculos.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba