CASA DE SATURNINO GARCÍA

Civil
1081
No Camiño de Santiago

Localización

Praza de Compostela 31,32,33

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 22.0" N - 8º 43' 26.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1912 por Manuel Gómez Román. É unha edificación modernista cunha planta baixa, tres altas e un faiado con bufardas rematadas nun frontón triangular con acróteras (a do centro é unha cabeza de león). Dispón de dous corpos voados entre os que se intercalan balcóns. Na planta baixa destaca unha porta con arco abucinado e elíptico. Como elementos decorativos ten ademais: discos, escudos planos e rodeados de detalles naturalistas, decoración de loureiros e froitos, ménsulas, etc. Nos corpos saíntes hai que destacar o uso de azulexo decorado sobre unha pedra de gran grosor e algo terrosa.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!