Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASA PARA MANUEL BÁRCENA FRANCO&body=Recoméndoche que leas a información CASA PARA MANUEL BÁRCENA FRANCO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/26562/casa-para-manuel-barcena-franco?ctre=39%26langId=gl_ES%26tp=9
Edificio para Manuel Bárcena Franco, primeiro Conde de Torrecedeira. Foi proxectado por Jenaro de la Fuente Domínguez e construído entre 1879 e 1884. Pretendía ser a máis grandiosa obra civil daqueles anos e o seu nome orixinal era "Sete casas para particulares". Estrutúrase en catro plantas, con corpos saíntes nas súas zonas centrais que rompen a monotonía da lonxitude das fachadas. Ten vans con acentuados cercos moi decorados nas tres plantas altas, o que lle dá aspecto moi maxestoso. Como elementos decorativos hai que destacar as figuras xeométricas, os pedestais e vasos nos áticos, as cornixas e as balaustradas.
Foi sede da Caixa de Aforros de Vigo e da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo e, na actualidade, alberga as salas de exposición de arte de Afundación.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.