IGREXA DE SANTA MARÍA DE VILLESTRO

Relixioso
280
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Villestro (Santa María)

Lugar: Tras Igrexa

15896  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 16.9" N - 8º 36' 16.9" W

Descrición

Este templo, comezado a finais de o s. XVIII, acabouse de construír durante o s. XIX. É de estilo barroco clasicista e o seu autor foi Tomás do Río. De grandes dimensións, a súa planta é de cruz latina, os muros de cadeirado en granito e a cuberta de tella a dúas augas. A fachada monumental remata nunha torre campanario de orde xónico e cun reloxo no centro da fachada. A portada de medio punto dá acceso a un pórtico que precede ao interior do templo. A sancristía, de planta cuadrangular, está pegada ao lateral norte da cabeceira e cóbrese cunha bóveda de crucería cunha clave de gran beleza. O interior, de grandes dimensións, é dunha única nave cuberta por unha bóveda de canón sostida por arcos faixóns sobre pilastras que marcan os tramos da nave. O cruceiro cóbrese con bóveda de crucería.
No interior, e seguindo as características clasicistas, podemos contemplar os retablos laterais que están dedicados respectivamente á Virxe do Carmen e a San Roque, e o retablo maior que está presidido pola Virxe María e flanqueada por San Xosé co Neno e San Xoán Bautista. remátase coa Coroación da Virxe.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Vía da Prata
Arriba