CASA DAS ARTES - ANTIGO EDIFICIO BANCO DE ESPAÑA

Civil
1803
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Policarpo Sanz 15

36202  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 16.0" N - 8º 43' 21.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1938 polo arquitecto Romualdo de Madariaga. Consta dun amplo chafrán no que se sitúa a entrada, que serve ademais de eixe de simetría ás dúas fachadas restantes. Este chafrán contén a única e austera decoración do edificio. A decoración comeza na monumental porta de entrada, sobre a que se levantan catro pilastras acanaladas sen capitel pero cun entaboamento e unha cornixa decorada con baixorrelevos simbolizando o traballo nunha figura feminina e outra masculina (esta ten un escudo coa cruz de Santiago, o xugo e as frechas). Todo o edificio ten amplas ventás con arcos de medio punto e uns vans enmarcados con saínte e decorados.

Foi Banco de España ata que, a mediados da década dos anos 80 pasa a formar parte do patrimonio municipal.

A Casa das Artes, que comezou a súa andaina en 1990, constitúe desde entón o principal espazo destinado a albergar exposicións temporais municipais. As súas salas acollen mostras de artes plásticas, arquitectura e fotografía, entre outras disciplinas artísticas, tanto de arte galega contemporánea como das vangardas artísticas máis internacionais do século XX.

É a sede da Fundación Laxeiro, do Arquivo Fotográfico Pacheco e da Colección Torras.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba