EDIFICIO NATALIO SANCHÓN

Civil
1488
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Policarpo Sanz 22

36202  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 13.9" N - 8º 43' 21.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1935 polo arquitecto Francisco Castro Represas. As obras de cantería foron feitas polo mestre canteiro Ángel García Martínez empregando o granito branco da serra de Castrelos e un acabado final de pulido. A súa planta é trapezoidal e consta dun baixo e catro pisos. A fachada é case simétrica, destacando o corpo central que está máis ornamentado que o resto, sobre todo onde se sitúa a porta de entrada. A decoración deste corpo é de remate apiramidado e con grandes estrías entre as ventás que remiten a influencias do estilo "art déco". O resto da decoración e formas son claramente racionalistas: balcóns curvos con varanda tubular, ventás apaisadas, acanaladuras verticais, piares cilíndricos, etc. Na parte alta do edificio ten unha cornixa e unhas preciosas ménsulas que soportan o peso de dous saíntes de pedra a ambos lados do corpo central.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba