PRAZA DE CERVANTES

Civil
1952
No Camiño de Santiago

Localización

Praza de Cervantes

15704  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 52.0" N - 8º 32' 33.1" W

Descrición

A praza é o espazo organizador da zona alta do núcleo histórico. A ela conducen a práctica totalidade das rúas do seu contorno. O ilustre escritor cuxo busto preside a praza desde o alto dunha columna dá nome á praza desde 1840. Antigamente esta praza denominábase do Pan ou do Campo. Dos edificios que cerran o recinto caben destacar a igrexa de San Bieito do Campo e o edificio do banqueiro Olimpio Pérez.
Destaca tamén a antiga Casa Consistorial, agora ocupada pola oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación do Concello de Santiago de Compostela.

Acceso

Núcleo urbano. Centro histórico.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!