PAZO DE BENDAÑA

Civil
1511
No Camiño de Santiago

Localización

Praza do Toural s/n

15705  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 39.9" N - 8º 32' 40.9" W

Descrición

*Abre cando hai exposicións. Construción do s. XVII. É un dos grandes pazos composteláns, antiga propiedade dos marqueses de Bendaña. En altura estrutúrase en tres corpos, destacando os artísticos balcóns, cuns enreixados barrocos de factura compostelá no último deles. O resto dos vans dispóñense simetricamente con respecto á porta principal, enmarcada por xogos de molduras e volutas que rompen a horizontalidade e a seriedade de liñas do conxunto. A cornixa interrómpese co escudo rematado pola figura de Atlas, para uns, ou Hércules, para outros, sostendo a bola do mundo. Na actualidade, este edificio, propiedade municipal, alberga salas de exposicións, de conferencias e outras actividades culturais.
Uso actual: Museo da Fundación Granell.

Acceso

Na zona monumental.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!