CASA EN MAGDALENA 169

Civil
801
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Magdalena 169

15402  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 56.0" N - 8º 14' 09.9" W

Descrición

Edificio ecléctico, pertencente ao barrio da Magdalena. Composto por baixo, tres plantas e cuberta. A planta baixa ten cadeirado de granito nos ocos de tres arcos (sendo o central de medio punto e os laterais apuntados), da clave destes arrancan pequenas ménsulas que acaban fundíndose coa parte do saínte. O primeiro andar ten un balcón corrido (balaustrada de ferro forxado). O segundo piso posúe dúas galerías (de ferro fundido) con adornos modernistas. O terceiro unha galería corrida de madeira con remate en cornixa. Policromía en todo o edificio.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba