MUSEO DE LA CONSERVA

Museos e coleccións
1183
No Camiño de Santiago

Localización

Estrada Colexio Universitario 16

36310  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 10' 05.0" N - 8º 41' 12.9" W

Descrición

O Museo da conserva é un referente do patrimonio industrial de Galicia. Os seus obxectivos son  a conservación do patrimonio material e inmaterial relacionado coa historia da industria conserveira en Galicia, o fomento da investigación sobre o mesmo e a súa difusión.
Como centro de documentación especializado na pesca e a súa transformación, conta cun arquivo e unha biblioteca especializada no mar e a súa industria. Entre os seus fondos documentais destacan os seguintes: o da Unión de Fabricantes de Conserva de Galicia e o da empresa conserveira Bernardo Alfageme, S.A. 
A colección organízase en función dos fitos que marcaron os inicios e desenvolvemento dos alimentos conservados pola esterilización, os seus fitos tecnolóxicos, científicos e sociais arredor dos procesos produtivos dunha fábrica de conservas. Céntrase na organización laboral nas fábricas, nas relacións laborais e humanas, e no importante papel desempeñado pola muller na industria do mar.
A través da colección ilústranse os aspectos sociolóxicos y culturais da industria conserveira e fai un percorrido polas marcas comerciais e os documentos que amosan a actividade da que forma parte do Patrimonio Industrial de Galicia. Forman parte da exposición os relatos históricos sobre as sagas empresariais, e aspectos comunicativos desta industria como a publicidade (obxectos publicitarios, catálogos, etc.), o deseño de envases, etiquetas, caixas, abrelatas, etc. 

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

Máis información

https://museos.xunta.gal/gl/anfaco
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2012
Arriba