CAPELA DE SAN PEDRO DE MARMANCÓN

Relixioso
974
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Marmancón (San Pedro)

Lugar: Marmancón

15595  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 31' 42.9" N - 8º 15' 19.0" W

Descrición

Exemplo de arquitectura relixiosa máis popular que culta, aínda que na súa orixe fose unha construción de templo románico ou contase no pasado cun interesante retablo barroco. Planta rectangular, cunha soa nave e presbiterio. Muros de cachotaría, revogados de branco, agás unha ampla franxa horizontal da fachada principal, onde destaca o arco da porta (de medio punto, con grandes doelas e decoración de bólas). Cuberta a dúas augas. Consérvase a antiga pila bautismal.

Acceso

Dende Ferrol, pola estrada Covas-Esmelle, a 6 Km hai un indicador cara á capela.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba