CAPELA DA MERCEDE

Relixioso
696
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ferrol

Rúa María s/n

15401  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 57.9" N - 8º 14' 18.9" W

Descrición

Capela construída por iniciativa dos pais Mercedarios en 1911, foi realizada por Rodolfo Ucha Piñeiro (1926), polifacético arquitecto ferrolán de principios do XX, utilizando materiais dos talleres Iturriza de Bilbao e da Casa Viúva Bertrand de Barcelona (por exemplo, as vidreiras do coro e a fachada principal). De estilo predominante neogótico, tamén eclético e modernista. Planta rectangular, con nave dividida en tres tramos, o central con bóveda estrelada. Consta de dous corpos ben diferenciados. No primeiro destaca a porta principal, amplamente decorada con motivos vexetais, e o remate cun arco deprimido que se cobixa tras outro conopial, flanqueado polos escudos da Orde da Mercede. No segundo destacan o xogo de elementos decorativos propios do gótico florido e o acabado da parte alta que prolonga a verticalidade.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!