EDIFICIO DE HUMANIDADES

Civil
904
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Dr. Vazquez Cabrera

15403  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 56.3" N - 8º 13' 24.4" W

Descrición

Edificio de Tollet (1902), de estilo ecléctico. Situado no Campus de Esteiro, antigo hospital de San Carlos da Mariña. A rehabilitación, levada a cabo por Alfredo Alcalá Navarro (1996), aportou un magnífico edificio de estética tradicional no seu exterior e funcional no seu interior. Sistema construtivo de grosos muros de pedra revocada con amplas ventás enmarcadas por cantería. Incorpóranse ao edificio dúas galerías corridas na súa fachada principal. Na súa construción empréganse materiais modernos, de aí que ofreza un deseño actualizado. Nela realízanse os estudos de Humanidades e Biblioteconomía-Documentación da Universidade da Coruña.

Acceso

No núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba