ANTIGO GOBERNO MILITAR

Civil
373
No Camiño de Santiago

Localización

Praza da Constitución

15402  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 58.9" N - 8º 13' 57.9" W

Descrición

Edificio adquirido por Caixa Galicia para instalar a sede da súa fundación na cidade de Ferrol, trala pertinente remodelación. Deseñado con forma de planta rectangular con dúas alturas. A fachada principal está disposta ao modo clásico: vans simétricos, pilastras dóricas de cantería e frontón semicircular.
Foi levantado a partir de 1794 polo enxeñeiro da Mariña José López Llanos. De 1802 ata 1926 foi cárcere, posteriormente acolleu as oficinas dos xulgados e o Concello. En 1927 foi o primeiro instituto da cidade co nome de Concepción Arenal. En 1945 foi destinado ao Goberno Militar e en 1999 foi adquirido por Caixa Galicia. Comeza a súa función actual en 2005.

Acceso

No núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba