PR-G 101 ROTEIRO MARIÑÁN COSTA DA ÉGOA

Sendeirismo
3089
No Camiño de Santiago

Localización

Carral - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 30.0" N - 8º 22' 19.2" W
43º 13' 28.7" N - 8º 22' 06.4" W

Descrición

Percorre o val de Barcia a través dun camiño moi recomendable para realizar en bicicleta (BTT) ou a cabalo.

Consiste na unión de dous percorridos, o primeiro lineal e o segundo circular; a súa combinación ofrece unha boa oportunidade para coñecer o patrimonio dos pazos, así como para visitar varias igrexas e o Eco-Museo Costa da Égoa, con catorce muíños e unha pequena central hidroeléctrica.

O primeiro tramo do sendeiro parte da Igrexa de Santo Estevo de Paleo, cun orixinal retablo de estilo rococó, e percorre o Monte Xalo a través do antigo Camiño de Santiago ata alcanzar o núcleo rural de Chamoso. Destacan os pazos de Esperante e Vilasuso; pasando por este último pódese optar por continuar a senda ou regresar ao punto de inicio.

O segundo tramo é unha ruta circular que parte dende Chamoso, podendo optar por nos dirixir cara ao leste, en dirección Batán, ou cara ao oeste, en dirección ao Rubieiro. Optando por esta segunda alternativa, a paisaxe segue a ofrecernos estampas de gran beleza que se poden apreciar dende o Miradoiro do Rubieiro. Tras cruzar Montemeán chégase ao conxunto hidrográfico da Costa da Égoa, que se alimenta das augas do río Abelleira.

En Herves álzase o Pazo das Cadeas, que data do S. XVI, e antes de regresarmos a Chamoso, pódese visitar o Muíño de Batán.

Acceso

Carral localízase na N-550 entre A Coruña e Ordes. No centro do lugar coller en dirección á rúa de Paleo pola AC-2105 ata chegar á Igrexa de Santo Estevo de Paleo, onde se atopa o panel de inicio da ruta.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Lonxitude

O roteiro principal mide 12,5 km e a derivación de ida e volta 500 m.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Chamosos (Carral) - UTM: 29T X:551153 Y:4782506
Punto de partida: Igrexa Santo Estevo de Paleo (Carral) - UTM:29T X:551414 Y:4786170

Percorrido

Igrexa de Santo Estevo de Paleo, Paradela, Pazo de Esperante, Salgueiros, Pazo de Vilasuso, Chamoso, Igrexa de San Pedro de Rubieiro, Montemeán, Costa da Égoa, Herves, Pazo das Cadeas, Muíño de Batán, Chamoso.

Dificultade

Media

Duración

3 horas e media.

Servizos

En Chamoso.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

45-III Cerceda

Máis información

Concello de Carral
Tel.: 981 672 580
correo@carral.es
www.carral.es

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Arquitectura tradicional
Etnografía

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!