PR-G 105 SENDEIRO DOS MUÍÑOS DE BAROSA

Sendeirismo
10595
No Camiño de Santiago

Localización

Barro - Pontevedra

Coordenadas:
42º 33' 17.8" N - 8º 37' 55.7" W
42º 33' 24.6" N - 8º 37' 45.4" W

Descrición

Este sendeiro localízase no enclave coñecido como «Parque da Natureza do Río Barosa», parada fundamental do Camiño Portugués cara a Compostela ao seu paso polo termo municipal de Barro.
Este parque posúe unha excepcional topografía pola que discorre o río Barosa en forma de cadoiro creando a Fervenza da Barosa, que alcanza trinta metros de desnivel. Xunta esta fervenza construíronse dezasete muíños, que se dividen entre os Muíños de Abaixo e Muíños de Arriba e que forman un complexo hidráulico de grande interese
O primeiro tramo do sendeiro discorre entre os Muíños de Abaixo ata a ponte de San Breixo, onde se pode abandonar a ruta principal e visitar a igrexa do mesmo nome do S. XVII, dende a que se obtén unha boa panorámica do val.
Seguindo o PR-G 105, atopamos máis muíños, algúns en bo estado de conservación.
No segundo tramo hai unha área recreativa cunha taberna típica dende onde parte un sendeiro circular que cruza a ponte da Búa e retorna pola marxe dereita do río ata a ponte de San Breixo, onde está marcado o final da ruta.
Dende aquí pódese facer en sentido contrario o primeiro tramo da ruta e volver á zona de estacionamento do parque.

Acceso

N-550 entre Pontevedra e Caldas de Reis, na altura do municipio de Barro, habemos atopar a placa que sinaliza a entrada ao Parque da Natureza do Río Barosa.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Lonxitude

2,1 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Ponte de San Breixo (Barro) - UTM:29T X:530411 Y:4711686
Punto de partida: Zona de estacionamento do Parque da Natureza do Río Barosa - UTM:29T X:530204 Y:4711462

Percorrido

Aparcadoiro Parque da Natureza do Río Barosa, Fervenza da Barosa, Muíños de Abaixo, Ponte de San Breixo, Muíños de Arriba, Ponte da Búa, Ponte de San Breixo.

Dificultade

Baixa

Duración

1 hora.

Servizos

En dúas tabernas situadas no propio percorrido.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

152-IV Campo Lameiro.

Máis información

Concello de Barro
Tel.: 986 711 002
 www.barro.es

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Arquitectura tradicional
Etnografía

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba