PR-G 112 SENDEIRO DE PESCADORES RÍO MIÑO-TAMUXE

Sendeirismo
729
No Camiño de Santiago

Localización

O Rosal - Pontevedra

Coordenadas:
41º 55' 23.3" N - 8º 47' 09.8" W
41º 55' 21.2" N - 8º 49' 32.0" W

Descrición

Dende a Praia das Eiras conecta coa área recreativa do río Tamuxe, onde se poden contemplar as ruínas dun gran serradoiro de vapor así como o Muíño das Aceñas.

Este enclave, pertencente á Rede Natura 2000, presenta un ecosistema natural de enorme beleza e interese formado por bosques de ribeira, canas, xunqueiras e piñeiros, cunha gran variedade de paxaros que fan deste hábitat un enclave ornitolóxico de grande interese.

Grandes areais e marabillosas panorámicas do esteiro do río Miño acompáñannos nesta ruta apta para realizar en familia. Como actividade deportiva, recomendamos alugar un kaiak na zona das Eiras e visitar as pequenas illas a medio camiño da ribeira portuguesa e internarnos no río Tamuxe.

Acceso

PO-552 entre A Guarda e Tui, ata chegar ao cruzamento coa PO-3303 en dirección á Praia das Eiras no municipio do Rosal.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

Un plus

O Río Miño, o pai dos ríos galegos. Dende que nace en terras e Lugo, na Serra de Meira, ata que desemboca no océano Atlántico, entre A Guarda e Caminha (Portugal), percorre 308 quilómetros. No seu percorrido salva os desniveis de varios encoros coma Belesar, Os Peares, Velle, Castrelo de Miño e Frieira. No seu tramo final acolle durante o inverno un gran número de aves acuáticas coma o pato cristado (Aythya fuligula), a píllara dourada (Pluvialis apricaria) e a avefría (Vanellus vanellus). Tamén alberga unha gran variedade de peixes, entre os que destaca a lamprea mariña, pescada tradicionalmente nestas augas.

Lonxitude

7,2 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Muíño das Aceñas (O Rosal) - UTM:29T X:514464 Y:4641193
Punto de partida: Praia das Eiras (O Rosal) - UTM:29T X:517738 Y:4641266

Percorrido

Praia das Eiras, Área recreativa das Eiras, O Cruceiro, Rego de San Miguel, Área recreativa de Porto Vello, Muíño das Aceñas.

Dificultade

Baixa

Duración

1 hora.

Material

Prismáticos para o avistamento de paxaros.

Servizos

En Praia das Eiras e no O Cruceiro.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

299-I Tomiño y 299-III Salcidos.

Máis información

Concello do Rosal
Tel.: 986 625 000
concellodorosal@concellodorosal.es
www.concellodorosal.es
www.orosal.es

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 0 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 7 m.
Desnivel acumulado baixando: 1 m.
Desnivel acumulado subindo: 1 m.

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Tipificación

Interese naturalista
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!