PR-G114 SENDEIRO LAXE-TRABA

Sendeirismo
741

Localización

Laxe - A Coruña

Coordenadas:
43º 13' 11.0" N - 9º 00' 18.7" W
43º 11' 18.2" N - 9º 02' 34.0" W

Descrición

Interese paisaxístico

O mar é o protagonista desta ruta que se pode definir como unha fermosísima excursión pola costa de Laxe, Soesto e Traba.

Partimos do paseo marítimo compartindo os seus primeiros cincocentos metros co PR-G 70, que finaliza en Punta Insua. Tras pasar as últimas casas do núcleo urbano e a Fonte de Arriba, recoméndase subir a contemplar as magníficas vistas que hai dende a capela de Santa Rosa.

Dende aquí, seguimos por un camiño recuperado e protexido con postes de madeira que remonta ata o Alto de Cal do Castro, onde existe a posibilidade de subir ao Peñón do Castro para contemplar este tramo da Costa da Morte.

A seguinte parada é na praia de Soesto, moi frecuentada polos surfistas e tamén pola xente que vén pasar o día. O noso itinerario, tras cruzar a ponte sobre o Rego de Soesto, segue o sollado de madeira cara á Punta Catasol, onde se poden observar, nos lastros do camiño, as rodeiras deixadas polos carros que outrora apañaban as algas para estercar os campos. Ao chegar á pequena praia de Arnado comeza un camiño largo que vén de Boaño; seguímolo nesta dirección ata a área recreativa de Campo de Almozarro, que se atopa moi preto das primeiras dunas da praia de Traba.

Este tramo final, que percorre toda a praia polas dunas, discorre entre a estrada e o regato de Rego do Vao, ata cruzar por unha ponte de pedra e dirixirse finalmente á lagoa de Traba, onde remata o itinerario.

Acceso

Laxe atópase na Ría de Corme e Laxe, na lendaria Costa da Morte.

Lonxitude

8 km. (A ruta principal mide 7,760 km e a derivación de ida e volta 240 metros).

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Lagoa de Traba (Laxe) - UTM:29T X:496649 Y:4781951
Punto de partida: Paseo Marítimo (Laxe) - UTM:29T X:499701 Y:4785432

Percorrido

Laxe, Igrexa de Santa María da Atalaia, Capela de Santa Rosa, Cal do Castro, Praia de Soesto, Praia de Arnado, Campo do Almozarro, Praia de Traba, Lagoa de Traba.

Dificultade

Baixa

Material

Prismáticos para o avistamento de aves na lagoa de Traba.

Servizos

En Laxe

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº43-III Camelle y 43-IV Laxe.

Máis información

Concello de Laxe
Avda. Cesáreo Pondal, 26. 15117 Laxe
Tel.: 981 706 903 / Fax: 981 728 025
e-mail: info@concellodelaxe.com
www.concellodelaxe.com

Federación Galega de Montañismo

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 2 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 75 m.
Desnivel acumulado baixando: 134 m.
Desnivel acumulado subindo: 130 m.

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Plano

Arriba