PR-G 119 RUTA DO XABRIÑA

Sendeirismo
733

Localización

Pontevedra

Covelo | Mondariz

Coordenadas:
42º 12' 14.0" N - 8º 23' 13.0" W

Descrición

O río Xabriña, afluente do Tea, convértese no verdadeiro protagonista desta ruta circular que parte da parroquia de Paraños e que visita outros lugares como Prado de Canda e A Lamosa.
Ademais da exquisita vexetación que o camiño presenta nas súas marxes, ao longo del pódese gozar dunha extraordinaria riqueza etnográfica e cultural, xa que durante toda a ruta atopamos elementos de gran valor e en bo estado de conservación, como a igrexa parroquial de Paraños, varias cerarías antigas, coma o «Lagar da Cera» en Portocortiñas, case trinta muíños ao longo do río, camiños tradicionais, fontes, pasos de auga, e pontes coma a de Ponte Folón.
O seu deseño circular divídese en dous grandes aneis.
O primeiro percorre o río dende Paraños a través de frondosos bosques e ata Ponte Folón. O segundo anel, que visita Prado e A Lamosa, achéganos ao Miradoiro de Cotos da Bouza e a pequenas aldeas onde poderemos coñecer a actividade dos antigos artesáns que se dedicaban a traballar coa cera.
Ademais, en varios puntos do camiño encontraremos paneis que recollen poesías do poeta galego Uxío Novoneyra procedentes do seu libro titulado Os Eidos.

Acceso

Na A-52, O Porriño-Ourense, tomar a saída 282 en dirección a Santiago de Covelo pola PO-5001. No cruzamento coa N-120 dirixirse cara a Ponteareas, e a 500 metros xirar á esquerda para chegar a Paraños.

Lonxitude

17 km.

Punto de partida/chegada

Paraños (Covelo) - UTM: 29T X:550608 Y:4672598

Percorrido

Paraños, Portocortiñas, Área recreativa do Roupeiro, Pozo do Demo, Portaseixas, As Millariñas, As Chozas, Ponte Folón, Prado de Canda, Cotos da Bouza, Corzós, A Lamosa, Paraños.

Dificultade

Media

Duración

6 horas.

Servizos

En Paraños e na Lamosa.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

224-III Ponteareas y 224-IV A Cañiza

Máis información

C.M.V.C. de Paraños (Covelo)
Tel.: 664 244 722
info@montesparanhos.com
www.montesparanhos.com

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 342 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 651 m.
Desnivel acumulado baixando: 507 m.
Desnivel acumulado subindo: 503 m.

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Tipificación

Etnografía
Interese xeral

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba