A Guarda - Pontevedra
CASTRO DO MONTE SANTA TREGA
A unha altura de 326 metros, case no cumio
do monte, este poboado do s. I a.C, responde a
concepcións de tipo estratéxico, como son o seu
carácter defensivo na desembocadura do Río
Miño e a proximidade de campos de cultivo e
pasteiros para a gandaría.
Foi declarado Monumento Histórico-Artístico
Nacional en 1931 e apenas se escavou unha
pequena parte desta citania.
É un dos castros máis evolucionados da
península e mesmo dispón dunha vivenda
reconstruída. Destacan a composición e
ordenación das súas rúas, así como o seu
sistema de canalización de auga. As vivendas
agrúpanse en barrios de oito casas que
presentan unha fortificación arredor de todo
o conxunto.Predominan as construcións
circulares, en bastantes casos con vestíbulo,
pero tamén hai testemuños de construcións de
plantas ovais e cadradas.
Ademais existe un pequeno museo no que se
expoñen pezas da escavación.