PR-G 135 ROTEIRO DA ESCUADRA

Sendeirismo
1876

Localización

A Lama - Pontevedra

Coordenadas:
42º 25' 26.1" N - 8º 25' 58.3" W
42º 27' 56.3" N - 8º 23' 45.0" W

Descrición

O monte da Escuadra, pertencente á Serra do Cando, é o protagonista deste percorrido de media montaña que mostra unha paisaxe con carballeiras e piñeirais e largacías zonas de pasto para o gando.
Antes de iniciar o camiño na Área recreativa de Santa Mariña, recoméndase visitar a pequena capela que leva o seu mesmo nome e que sobrevive entre os muíños de vento do parque eólico da Serra do Cando.
Na metade de camiño da ruta atopamos o Miradoiro das Tres Rías que, nos días de bo tempo, permite contemplar unha espectacular panorámica na que se poden chegar a albiscar as tres rías da provincia de Pontevedra.

Acceso

Na altura de Ponte Caldelas, na PO-532, que une esta localidade coa cidade de Pontevedra, coller a PO-234 cara a Augasantas e proseguir pola PO-235 ata Barcia. Neste lugar tomamos unha pista ata a Área recreativa Santa Mariña.

Lonxitude

7,1 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: O Peso (A Lama) - UTM:29T X:546780 Y:4697219
Punto de partida: Área recreativa Santa Mariña (A Lama) - UTM: 29T X:549792 Y:4701871

Percorrido

Área recreativa de Santa Mariña, Chan da Ferradura, Miradoiro das Tres Rías, Portela do Foxo, Portela dos Acivos, Coto de Mateus, As Cerradas, O Peso.

Dificultade

Media - Alta

Duración

2 horas e 45 minutos.

Servizos

Fóra da ruta, na Lama.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

186-I Cotobade.

Máis información

Concello da Lama
Tel.: 986 768 238
oficinas@concellodalama.com
www.concellodalama.com

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!