PR-G 145 RUTA DA MARRONDA-ALTO EO

Sendeirismo
3395
No Camiño de Santiago

Localización

Baleira - Lugo

Coordenadas:
43º 04' 24.3" N - 7º 13' 39.5" W

Descrición

Percorrido circular dividido en dous tramos que lle ofrece ao visitante a oportunidade de coñecer a comarcada Fonsagrada. Afastada dos grandes núcleos de poboación e das vías de comunicación relevantes, ofreceunha paisaxe rica e case virxe nunha das zonas máis descoñecidas de Galicia. A Fraga da Marronda, de granvalor ecolóxico e cinexético, e o nacemento do río Eo son os protagonistas do camiño.

Dende San Paio, recoméndase facer o primeiro tramo ata a Área recreativa da Cortevella ascendendoen dirección leste pola Pena Cerrada e, posteriormente, cara ao norte ata a Pena da Raia, ata chegar áMarronda, que constitúe un magnífico exemplo de fraga autóctona galega. Incluída na «Rede Natura2000» e Reserva da Biosfera, é unha das máis importantes reservas de faias da Europa suroccidental.
PR-G 145 Ruta da Marronda-Alto EoTras cruzar a aldea de Mendreiras, iníciase unprolongado descenso atachegar á área recreativa ondese poden contemplar as vistaspanorámicas dende o miradoirodo Ferreiro e visitar o muíñodeste nome.


A partir de aquí comeza osegundo tramo da ruta quepercorre o río Eo por ambasas marxes ata San Paio. Nestetramo crúzanse os regatosda Teixeda e Monte Meán evisítanse as fervenzas do Pozoda Ferreira e de Acea de Serra,así como o pequeno núcleo deCabreira.
Nalgúns tramos pásase dunhabeira do río a outra a través devarias pontes coma a de Naseiro,onde finalmente se abandona oEo e se regresa a San Paio.

Acceso

Na A-6, á altura da cidade de Lugo, coller a saída 493 para enlazar coa LU-530 cara á Fonsagrada. No Cádavo habémonos desviar pola LU-760 cara a Fonteo, e tras cruzar este núcleo collemos a LU-P- 0405 cara a San Paio.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Lonxitude

21,3 km.

Punto de partida/chegada

San Paio (Baleira) - UTM:29T X:644415 Y:4770709

Percorrido

San Paio, Pena da Raia, Mendreiras, A Cortevella, Cabreira, San Paio.

Dificultade

Media - Alta

Duración

7 horas.

Servizos

Fóra da ruta, no Cádavo.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

73-II Mosteiro y 73-IV Castroverde.

Máis información

Concello de Baleira
Tel.: 982 354 059
info@concellodebaleira.es
concellodebaleira.es

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese xeral

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba