IGREXA DA NOSA SEÑORA DO XURÉS

Igrexa
4236

Localización

Parroquia: Río Caldo (Santa María)

Lugar: Vilameá

32895  Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 52' 00.1" N - 8º 05' 33.5" W

Descrición

Unha antiga tradición local, transmitida de xeración en xeración, cóntanos como un bo día a Virxe apareceu milagrosamente nun altar tallado nunha rocha situada no exterior da Capela de A Virxe do Xurés. Un pequeno burato na pedra representa o nicho sagrado desde onde a Virxe ordenou a construcción dun templo, alá no alto, ós veciños de Riocaldo.
A fé nos milagres da Virxe e os indicios atopados, mobilizaron á xente deste lugar para construír unha ermida digna e un importante camiño de acceso, construíndo unha edificación con grandes doses de heroísmo polo difícil de chegar ó lugar elexido.
Este edificio é un dos poucos representantes do románico tardío na zona.
O edificio data do século XIV e foi modificado ao longo de toda a primeira metade do século XVIII, especialmente a fachada, a cal é de estilo barroco. A súa planta é rectangular. Nela son celebradas dúas romaxes.

Acceso

Dende a estrada que conduce a Portela do Home desviarse á esquerda no cruce da capela de Santa Lucía. Continuar de fronte 200 m e xirar á esquerda. Subir durante 3 km.
Arriba