ECOPARQUE ATALAIA

Empresas de actividades deportivas
401

Localización

Parroquia: Viascón (Santiago)

Lugar: A Atalaia s/n

Cerdedo-Cotobade - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 52.3" N - 8º 32' 33.9" W

Descrición

 Ecoparque Atalaia é un centro de ocio e aventura ao aire libre onde poderemos gozar dunha ampla gama de actividades lúdicas, recreativas e deportivas nun escenario privilexiado, en compañía de familiares, amigos, compañeiros de traballo, etc.
No núcleo de Atalaia (parroquia de Viascón, concello de Cotobade), a beiras do río Lérez e a 15 minutos de Pontevedra pola N-541 en sentido Ourense, acóllenos unha paisaxe de bosque autóctono que resulta un marco ideal para as nosas aventuras.
Contamos con instalacións e actividades deseñadas para nenos e adultos. Actividades: paintball, kaiak de río, ráfting, circuítos e rutas de BTT, paseos e rutas en cabalo, sendeirismo, trekking, orientación, xogos multiaventura...

Descrición de actividades

Parque multiaventura.
Arriba