CASTELO DE SANTA CRUZ

Civil
7093

Localización

Parroquia: Liáns (Santaia)

Lugar: O Porto de Santa Cruz

Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 20' 54.2" N - 8º 20' 59.2" W

Descrición

O Castelo de Santa Cruz foi construído no S.XVI co obxectivo de completar o sistema defensivo da bahía coruñesa. Tras perder a súa función estratéxica, pasa a converterse, xa no século XIX, en residencia da filla da escritora Emilia Pardo Bazán. É nesta época cando se procede á reconstrución das dependencias do castelo, dándolle ó edificio central a forma de pazo tal e como o coñecemos hoxe en día. Tras a morte da Condesa foi doado, no ano 1938, á Arma de Cabalería, pasando a ser residencia de verán de orfos militares ata o ano 1988.
O Castelo de Santa Cruz foi declarado Ben de Interese Cultural polo seu alto interese histórico, o que xunto a súa beleza natural e paisaxística, fan deste lugar unha paraxe extraordinaria.
Propiedade pública. Visitable.

Acceso

Dende Oleiros toma a estrada cara A Coruña e despois o desvío cara Santa Cruz. O Castelo atópase no porto de Santa Cruz, nun illote con acceso peonil a través dunha pasarela.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba