A Casa de Carmen ten máis de catrocentos anos de antigüidade, pois consta en rexistros anteriores ao ano 1647.
A súa restauración foi total xa que unicamente conservábanse as paredes exteriores da vivenda. Respectouse na súa rehabilitación a configuración propia dunha casa dunha vila mariñeira cos seus pisos e teitos de madeira.
Na súa entrada, un arco en pedra desvélanos o seu pasado. Na planta baixa gozaremos da cheminea de leña na sala de estar, cociña completamente equipada e baño con ducha con luz de leds e efecto choiva.
Na planta alta, dispoñemos dunha cheminea de leña e bañeira antiga de patas na propia habitación, e no cuarto de baño dunha ducha de hidromasaxe.
Desde esta planta accedemos a un pequeno patio con mobles de exterior orientado ao sur.
Instalacións
Unha única habitación con cama de 1,50 m de ancho con cheminea de leña e bañeira de patas na propia habitación.
Climatización frío-calor, televisións de pantalla plana, DVD.
Dous baños, un con ducha de hidromasaxe e outro con ducha con luz de leds e efecto choiva (con secadores de pelo e complementos de aseo en ambos os baños).
Sala de estar con cheminea de leña (leña gratuíta incluída) e comedor.
Cociña completamente equipada (cafeteira, microondas, lavalouzas, lavadora, ferro e táboa).
Terraza e mobles de exterior.
Sofá cama dobre na sala e posibilidade de cama supletoria individual e/ou berce.
Documentación e información sobre a zona.
Wifi gratuíta en toda a casa.
Admítense mascotas.