ENTROIDO DOS XENERAIS DO ULLA

Festas de interese turístico
1243
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 01/02 - 01/02 08/02 - 09/02 15/02 - 16/02 22/02 - 23/02 25/02 - 25/02 29/02 - 29/02 01/03 - 01/03 05/03 - 05/03

Localización

Pontevedra

A Estrada | Silleda | Vila de Cruces

A Coruña

Boqueixón | Santiago de Compostela | Teo | Touro | Vedra

Coordenadas:
42º 52' 59.9" N - 8º 31' 59.9" W
42º 51' 58.4" N - 8º 18' 19.3" W

Descrición

Trátase dunha celebración orixinal da comarca da Ulla, con referencias documentadas nos anos 70 do século XIX.
Os personaxes máis relevantes desta celebración son os xenerais e os correos a cabalo que van disfrazados con vestimentas militares de época e outros adornos tamén nos cabalos. Acompañados de abandeirados, coros e comparsas, percorren as parroquias da zona e representan diversas escenas, coñecidos como atranques ou altos. Estes atranques consisten nun enfrontamento dialéctico por parellas no que se fai burla de asuntos sociais de actualidade. As diferentes parroquias presentan incluso singularidades e manteñen os seus trazos definitorios. A espectacularidade deste Entroido tradicional galego logra atraer cada ano a numerosos visitantes á comarca do Ulla.

Destacado: Os atranques ou altos


 

Situación

Boqueixón,  Teo, Touro, Vedra,  Santiago de Compostela,  A Estrada, Silleda e Vila de Cruces

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Vía da Prata

Outras características

Entroido
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba